Emigración traslada a súa experiencia coa Estratexia Retorna aos seus homólogos na Generalitat Valenciana

Publicidade ASPADISI

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a subdirectora de Retorno deste departamento da Xunta de Galicia, Begoña Solís, trasladaron a experiencia de éxito da Estratexia Galicia Retorna as responsables deste mesmo departamento na Generalitat Valenciana. Neste senso, Miranda situou como básico o proceso de axuda, acompañamento e asesoramento permanente ás familias no seu proceso de retorno.

O secretario xeral a analizou as diferentes liñas de apoio ao retorno que se desenvolven dentro da Estratexia Retorno coa directora xeral de Participación Ciudadana valenciana, María Jesús Pérez Galant, e varias membros do seu equipo, recordándolles que a posta en marcha en 2018 desta iniciativa facilitou o retorno de case 22.000 galegos do exterior grazas a aplicación de 64 liñas de apoio tanto específicas como transversais de todo o Goberno galego. Miranda destacou como positivo este tipo de reunións que permiten poñer sobre a mesa as experiencias mutuas de diferentes comunidades autónomas das que todos aprendemos no traballo de acompañar aos emigrantes na súa volta á terra.