---------------------------------------------------------------------------------------------------------
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial aos membros da Agrupación Musical da Limia, tras acadar a sétima posición e unha medalla de ouro no prestixioso World Music Contest, celebrado na cidade de Kerkrade, nos Países Baixos. Manuel Pardo trasladoulle ao seu director, José Luis Tielas, e acompañantes, os seus parabéns por lograr este éxito histórico nun dos certames máis esixente da música de vento, situando a este grupo formado en Xinzo de Limia na elite internacional.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















