O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, déronse a coñecer os microrrelatos gañadores da 14ª edición do concurso literario organizado por OZOCOgz. Cun total de 48 traballos presentados, a cifra máis alta da súa historia, o xurado fallou os seguintes premios:
- Microrrelato gañador: «YAEL SOÑA», de Ramón Caride Ogando.
- Microrrelato finalista: «UN DISPARO», de Sonia Corral Franco.
O xurado estivo composto polas escritoras e escritores Alba Rodríguez Saavedra, Manuel Esteban, Óscar Reboiras e Rita Doallo (gañadora da edición anterior), xunto co libreiro de Bueu Fernando Miranda Estévez.
Os gañadores recibirán os seguintes premios:
- 1º premio (relato gañador): Xogo do PICAPAU, vale para unha noite para dúas persoas (almorzo buffet, uso 2 horas/día das piscinas de auga minero‑medicinal con cita previa) nun dos balnearios de Laias ou Lobios, e vale para unha degustación gastronómica para dúas persoas no restaurante/pulpería Casa Gazpara do Carballiño.
- 2º premio (relato finalista): camisola e caderno de OZOCOgz, e lote de libros doados polas editoriais Belagua e Galaxia.
A data da festa de entrega de premios será anunciada proximamente.
Os relatos gañadores poden lerse na seguinte ligazón:
https://ozocogz-atenda.com/i/micro-relatos-ganadores-5



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















