“Polas noites, os alumnos dun internado opresivo foxen ao bosque para descubrir libremente o amor baixo o influxo de Cupido”. Iste é o punto de partida da nova produción audiovisual “Fado de Cupido”, unha película que combina drama, fantástico, romance e queer e que comezará a súa rodaxe no Carballiño no vindeiro verán.
Para poñer en marcha a realización deste filme, a produtora busca actrices, actores e extras, concretamente mozas e mozos de, aproximadamente, entre 18 e 25 anos, con ou sen experiencia en interpretación, para formar parte do elenco. Os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención das persoas finalmente seleccionadas corren a cargo de produción. A participación no casting é voluntaria e non remunerada.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
As persoas interesadas poden presentarse cubrindo o formulario de inscrición, dispoñible en https://forms.gle/Y8CpaVyjwvSk48GV9 ou enviando os seus datos persoais e dúas fotografías a cupidofado@gmail.com.
















