Ribeiro en Común denuncia unha parálise de investimentos públicos na Vila Termal de Prexigueiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo municipal de Ribeiro en Común considera que a Alcaldía de Ribadavia non está a levar a cabo unha xestión eficaz na Vila Termal de Prexigueiro, entendendo que “a parte privada goza dunha moi boa saúde, con enorme afluencia de visitantes, mentres a parte pública quedou paralizada”. Asemade, suliñan que “é chocante, e non é de recibo, que a grande afluencia de visitantes non repercute nin na mellora do entorno das termas nin do propio núcleo de Prexigueiro”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“As termas antigas, as pozas públicas, a antiga pasarela no río Cerves, caída, ou o seu muíño, en ruínas, nada de nada foi nin planteado como mellora por parte do actual goberno”, apuntan, e engaden que “mentres outros concellos optan a investimentos da Deputación e Xunta para a mellora das infraestruturas termais, o alcalde e vicepresidente da Deputación, aínda non realizou ningún proxecto de mellora das termas públicas”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por todo elo, desde Ribeiro en Común voltan levar ao Pleno da Corporación de Ribadavia a situación de Prexigueiro, “reclamándolle á Alcaldía que deixe de agocharse, que exerza a súa responsabilidade e interveña neste asunto”. Así, nunha moción propoñen que o Concello de Ribadavia, a través da súa alcaldía, convoque unha reunión “coa empresa concesionaria, coa presenza de todos os grupos municipais, e con representantes veciñais, para abordar melloras necesarias e investimentos a  realizar, recordando á concesionaria que hai cláusulas de contrato ás que se comprometeu a realizar”, ademais de “informar do proxecto de senda peonil tanto a representantes veciñais como a concesionaria”.

Asemade, instan ao Concello a solicitar “á Deputación Provincial de Ourense e Xunta de Galicia o  investimento para a mellora da Vila Termal de Prexigueiro, tal e como se está facendo noutras vilas termais e balnearios da provincia, para proceder a rehabilitar e arranxar as termas históricas e pozas públicas”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------