Un conductor causa un accidente mortal ao chocar frontalmente na rotonda da OU-504 en Ariz de Cea

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A colisión frontal entre dous vehículos a primeira hora da tarde de hoxe no Eixo do Ribeiro trouxo como consecuencia a morte dunha muller e feridas moi graves a un home, ambolosdous conductores respectivos.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O sinistro tiña lugar ás 13,20 horas no punto quilométrico 22,6 da estrada Ribadavia-A Barrela (OU-504), máis coñecida como Eixo do Ribeiro, á altura da localidade de Ariz, no municipio de San Cristovo de Cea.

Nese intre, un vehículo Citroën C4 que circulaba a gran velocidade pola devandita vía autonomíca cruzaba a isleta da rotonda alí existente e impactaba frontalmente contra un Peugeot 208. De resultas do choque, a conductora deste último turismo, unha veciña de San Cristovo de Cea, de 66 anos de idade, resultaba morta prácticamente no acto, mentres o piloto do Citroën sufría feridas moi graves, sendo trasladado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Ampliarase a información conforme avancen as investigacións.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------