O vindeiro venres, 5 de xuño, ás 19:30 horas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a presentación dos dous primeiros volumes publicados do proxecto Universo Cantigas:
- Volume 01: Cantigas de Amor
- Volume 02: Cantigas de Amigo
No acto participarán os autores das obras: Manuel Ferreiro (Mariña Arbor), Bieito Arias e Leticia Eirín. A velada contará tamén coa actuación musical do grupo Luparias, que interpretará pezas de música antiga.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Sobre o proxecto
Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, dando continuidade ao traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015), hoxe integrado no propio proxecto.
Desenvolvido ao abeiro do proxecto ministerial PID2022-137790NB-I00, o proxecto complétase por fases:
- Fase I (2016-2018) : edición das cantigas de amor (textos 1-640)
- Fase II (2019-2022) : edición das cantigas de amigo (textos 641-1.315)
- Fase III (2023-2026) : edición das cantigas de escarnio e mal dizer (textos 1.316-1.683)
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que porá ao dispor do público, xunto coa edición crítica, todos os elementos pertinentes para o estudo da poesía medieval galego-portuguesa.
















