VIDEO: Premer na Imaxe

A área recreativa da Veronza, en Ribadavia, converteuse hoxe no punto de encontro do alumnado e profesorado dos centros de ensino de infantil e primaria da comarca do Ribeiro. Tratábase da primeira edición dunha convivencia intercentros impulsada e promovida polas direccións dos colexios respectivos, que traballaron na organización ao longo deste curso escolar, coa dobre finalidade de aumentar a visibilidade dos centros, cada vez en meirande situación de perigo por peche de aulas, e, por outro, permitirlle ao alumnado relacionarse con outras nenas e nenos da súa idade fora do seu centro de ensino.
Ao longo de toda a mañá, as nenas e nenos do CEIP de Ribadavia, CRA Amencer, CEIP de Castrelo de Miño, CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, CEIP Virxe de Guadalupe de Avión, CEIP Otero Novas (Cortegada), CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia), CEIP de Quins e CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle), compartiron diferentes xogos de habilidade e obradoiros de aprendizaxe e de coñecemento dos diferentes enclaves xeográficos da comarca, todo elo nun excelente ambiente de amizade e compañeirismo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Nesta xornada estiveron presentes alcaldes e representantes dos gobernos municipais dos diferentes concellos do Ribeiro, actuando como anfitrión César Fernández, rexedor de Ribadavia e vicepresidente da Deputación Provincial, así como Jorge Sampedro, o xefe territorial da Consellería de Educación en Ourense
Os estudantes tiveron un pequeno descanso para almorzar e despois poder desfrutar dun pequeno concerto a cargo do cantautor Pakolas, antes de retornar ás súas localidades de orixe.














