Acto de graduación de 2º de Bacharelato do IES Nº1

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado venres, o Auditorio Manuel María acolleu a cerimonia de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Nº1, promoción que días antes completara as probas de Selectividade (EBAU).

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un total de 87 estudantes recibiron as súas bandas e orlas nun acto cargado de emoción. O auditorio encheuse por completo, cunha ampla asistencia de familiares, amigos e profesores que acompañaron aos novos graduados neste importante fito académico.

A celebración supuxo un merecido recoñecemento ao esforzo e a dedicación dos alumnos e alumnas, que agora se preparan para iniciar unha nova etapa formativa ou profesional. Desde o centro destacouse a ilusión e o ambiente festivo vivido durante a xornada.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------