O grupo Charamela abre este sábado os ‘Circuítos de Teatro Amador’ no Auditorio do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro sábado, 27 de xuño, comezarán os ‘Circuítos de Teatro Amador’ no Carballiño, que se prolongarán aos días, 4, 11 e 12 de xullo. Ao abeiro da Xunta de Galicia, organizados por Tiruleque Grupo de Teatro e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), este circuíto, que conta coa colaboración do Concello do Carballiño, inicia a súa andaina co grupo de teatro Charamela, que representará a comedia “E parecía parvo”, ás 20,00 horas no Auditorio Manuel María.

A billeteira á libre. O que se ven chamando “taquilla inversa”. É dicir, que o público poderá pagar libremente a cantidade que estime pertinente, ou non pagar nada. Queda á súa vontade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------