O club Aehde de patinaxe debuta en categoría nacional cun 7º posto no Campionato Galego de Grupos Show

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo de show do Club Patinaxe Aehde O Carballiño deu o salto de categoría esta tempada participando por primeira vez no Campionato Galego de Grupos Show de categoría nacional na modalidade de grupos pequenos. Fíxoo coa coreografía que lle deu a sétima posición nun torneo de moito nivel, un resultado froito do traballo das doce patinadoras e das súas adestradoras. O campionato celebrouse na pista central do pavillón vigués das Travesas ao longo da fin de semana e o Club Aehde foi o único club da provincia de Ourense que tomou parte no mesmo.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------