Na sesión plenaria de data 29/04/2026 adoptouse o seguinte acordo que copiado literalmente di:
Primeiro. Aprobar o “Libro de prezos do servizo do ciclo integral da auga do Concello do Carballiño”:
Anexo I. Tarifas
A continuación, neste anexo, recóllense as tarifas vixentes a partir do día de inicio do contrato que resolve expediente 1447/2024 do Pleno do Concello do Carballiño.
A estas tarifas hai que aplicarlle o tipo de IVE correspondente.
As tarifas de abastecemento deberán ser aboadas por aqueles/as usuarios/as que contratasen a subministración de auga municipal, independentemente da súa conexión ou non coa rede municipal de saneamento.
As tarifas de depuración e rede de sumidoiros deberán ser aboadas por aqueles/as usuarios/as que conten con conexión á rede municipal de saneamento, independentemente de que teñan ou non contratado a subministración de auga municipal.
Dado que este anexo á ordenanza non forma parte integrante desta, a súa modificación non esixe a correspondente tramitación do procedemento administrativo de modificación dunha ordenanza municipal.
Tarifa de auga potable:
En todos os usos a excepción do industrial:
A) Cota do servizo: 4,73 € / aboado e mes
B) Bloque I (<10 m3 / mes): 0,20 € / m3
C) Bloque II (11 a 20 m3 / mes): 0,30 € / m3
D) Bloque III (21 a 30 m3 / mes): 0,69 € / m3
E) Bloque IV (> 30 m3 /mes): 1,03 € / m3
En usos industriais1:
F) Cota do servizo: 4,70 € / abonado e mes
G) Bloque I (<10 m3 / mes): 0,20 € / m3
H) Bloque II (11 a 20 m3 / mes): 0,30 € / m3
I) Bloque III (21 a 30 m3 / mes): 0,69 € / m3
J) Bloque IV (> 30 m3 /mes): 0,81 € / m3
1 Para ser beneficiario á tarifa de uso industrial deberá demostrarse por parte do/a interesado/a estar dado de alta no IAE como uso industrial.
Tarifa de depuración:
En todos os usos:
K) Cota do servizo: 4,13 € / abonado e mes
L) Bloque I (<10 m3 / mes): 0,23 € / m3
M) Bloque II (11 a 20 m3 / mes): 0,34 € / m3
N) Bloque III (21 a 30 m3 / mes): 0,79 € / m3
O) Bloque IV (> 30 m3 /mes): 1,18 € / m3
Tarifa de sumidoiros
Uso residencial:
P) No núcleo urbano: 31,38 € / abonado e ano
Q) En núcleos rurais2: 18,93 € / abonado e ano
Usos comerciais:
R) Restauración: 37,30 € / abonado e ano
S) Lavados e engraxes: 68,01 € / abonado e ano
T) Talleres: 49,70 € / abonado e ano
U) Hoteis (ata 10 camas): 49,70 € / abonado e ano
V) Hoteis (de 11 a 20 camas): 99,39 € / abonado e ano
W) Hoteis (máis de 21 camas): 185,84 € / abonado e ano
X) Resto de usos industriais e comerciais: 24,85 € / abonado e ano
Y) Sen uso: 31,38 € / abonado e ano
2 Considéranse núcleos rurais as vivendas localizadas fóra do núcleo urbano, é dicir, Arcos, O Torrón, Señorín, Mesego, Veiga, Seoane, etcétera.

















