O alumnado do obradoiro dual de emprego iniciou o pintado da sinalización vial en rúas do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego do Carballiño vén de iniciar as prácticas formativas na vila, despois dun primeiro mes de teoría. Os vinte participantes, acompañados do profesorado, comezaron esta semana o traballo de campo na rúa Evaristo Vaamonde e no Parque Municipal.

O primeiro grupo, de pintura industrial, estase a encargar da posta a punto da sinalización horizontal da rúa, para despois continuar por outras zonas do Carballiño. Pola súa parte, o grupo adicado ao sector forestal está a traballar no acondicionamento e desbrozamento dos espazos verdes do Parque Municipal.

O obradoiro comezou en xuño e ten unha duración de nove meses, nos que o alumnado se especializará en aproveitamentos forestais e en pintura industrial en construción, dous sectores con alta demanda de traballadores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------