Paco Valeiras, homenaxeado na ‘Festa do Pulpo’ polo seu traballo “exemplar de entrega e profesionalidade” en cada edición na súa traxectoria á fronte da Policía Local

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu hoxe un dos actos centrais da programación da Festa do Pulpo do Carballiño, a homenaxe a un persoeiro destacado pola súa traxectoria de colaboración no evento gastronómico. Nesta 64ª edición, a persoa elexida pola organización foi José Francisco Valeiras Baranda, que durante preto de 30 anos desempeñou o posto de cabo xefe da Policía Local.

Abc …

O goberno municipal e o homenaxeado, que estivo arroupado pola súa familia e amizades e acompañado por axentes da Policía Local, Garda Civil e os responsables do Servizo de Emerxencias e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, reuníronse na Casa Consistorial para poñer en valor o esforzo, traballo e tesón de Valeiras.

“Moitas grazas por este recoñecemento aos meus 34 anos na Policía Local, primeiro como axente e despois como xefe”, apuntou Valeiras, quen recordou a “evolución e transformación” do xeito de traballar ao longo da súa traxectoria. Nesta liña, referiuse á aparición de citas multitudinarias, como a Festa do Pulpo, a Semana Santa ou as festas patronais, e ao importante reto que supoñían en materia de seguridade e mobilidade. “A Festa do Pulpo requería un operativo moi grande, con varias patrullas dispoñibles, para coidar que non pasara nada e tamén facer outras intervencións, como asegurarse que as brigadas de limpeza puidesen pasar canto antes para que a vila estivese limpa”, indicou.

“Queremos agradecer o gran labor de Paco durante tantos anos”, resaltou José Castro-Gil, alcalde en funcións do Carballiño. “Desde que entrou no servizo, alá polo 1991, non deixou de traballar pola vila e pola veciñanza, para que O Carballiño fora un municipio tranquilo e seguro”, sinalou Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

O goberno municipal acordou homenaxear nesta 64ª Festa do Pulpo a Valeiras polo seu importante papel en cada edición do evento, especialmente desde 1997, cando ascendeu ao cargo de xefe da Policía Local. “Converteuse nunha peza fundamental para que a Festa do Pulpo fose unha celebración segura, da que desfrutan milleiros de persoas e que supón un reto de seguridade e mobilidade”, salientou Dacal.

Durante o acto, o alcalde en funcións fíxolle entrega dunha placa conmemorativa a Valeiras. “Pero que a Festa do Pulpo sexa unha festa segura non o logrei eu só, é unha cousa de equipo, de todos os axentes, do goberno local, do resto de efectivos”, apuntou.

O vídeo completo da homenaxe pode visionarse en https://www.facebook.com/share/v/1K19Ld7xT3/

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------