Ourense segue sumando presión con seis persoas ingresadas na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 126 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.420, unha rebaixa de case setenta persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 28 (-3) están en UCI, 96 (-11) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un estancamento. A provincia rexistra hoxe 10 contaxios novos, facendo que a cifra total baixe en seis casos ata os 191 casos totais. Nos hospitais hoxe a situación mantén un equilibrio. Contamos con 6 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES