Un total de 2.000 persoas de 90 peñas lucirán mañá os seus deseños no concurso de camisetas da Festa do Pulpo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño impulsa mañá a tradicional Festa das Camisetas, unha das citas máis esperadas en cada edición da Festa do Pulpo. Arredor de 90 peñas (preto de 2.000 persoas) están inscritas no concurso, no que se premiarán os tres mellores deseños de camisetas da 64ª Festa do Pulpo.

A partir das 18,00 horas, a Praza Maior recibirá ás agrupacións (formadas por familias, amizades, asociacións lúdicas e culturais ou colectivos sociais, entre outros), que colgarán as camisetas para presumir da súa creatividade e sacarán as imaxes oficias de grupo no photocall instalado polo Concello.

O xurado, presidido polo concelleiro de Turismo e formado por un representante de cada peña, emitirá o seu veredicto a partir das 20,00 horas. A agrupación gañadora levarase 300 euros, a segunda clasificada, 200 euros, e a terceira, 100 euros. Ademais, todas aquelas peñas que cumpran cos requisitos indicados nas bases percibirán 60 euros (en caso de agotarse o crédito previsto, esta compensación entregarase por orde de inscrición).

A cita contará coa ambientación musical do DJ Tibu e da agrupación de percusión Batucarba.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------