O Concello do Carballiño propón este sábado unha xornada de xogos para iniciar aos cativos no atletismo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A zona de estacionamento da Avenida do Arenteiro, ao carón do Parque Municipal da vila do Arenteiro, será escenaria este vindeiro sábado, 12 de setembro, dunha xornada para que a cativada de entre 6 a 12 anos de idade se adentre de xeito lúdico no mundo do atletismo. A iniciativa “Xogando ao atletismo” está promovida dende a Área de Deportes do Concello do Carballiño coa colaboración do Sanysec Ourense Atletismo e o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense.

O evento, que se desenvolverá entre as 10,30 e as 13,00 horas foi presentado esta mañá na Casa do Concello polo concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e o representante da entidade deportiva, Óscar Seoane. “Trátase de facer este tipo de actividades para promocionar o atletismo entre os máis xoves, con xogos, xincanas e saltos, co obxectivo de incrementar a saúde e o benestar”, apuntou Seoane.

As inscricións para participar pódense realizar no departamento municipal de Deportes ou simplemente acudir ata o mesmo lugar da actividade o sábado pola mañá.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------