O C.D. Arenteiro responde sobre as críticas feitas polo Sporting do uso das instalacións da Uceira

Despois da polémica dos últimos días en torno ás instalacións deportivas do campo da Uceira, hoxe falamos ca outra parte implicada, o C.D. Arenteiro. Argimiro Marnotes, o seu presidente, considera que a reacción do outro equipo é desmesurada para o problema existente. Asegura ademais que o concello está a poñer todo da súa parte para mellorar ese espazo e para colaborar con todos os equipos, sen discriminacións.

Por outra banda, Marnotes saíu en defensa de todo o equipo técnico do seu equipo, ante as críticas recibidas. Asegura que lle tenden a man ó Sporting, xa que todo vai en beneficio do pobo.

AVANTAR ACTIVIDADES