O profesor José Manuel Bouzo e os alumnos do IES nº 1 do Carballiño poñen en marcha unha campaña de concienciación co obxectivo de reducir os residuos e plásticos dos sumidoiros, e evitar así que cheguen ó mar. Baixo o nome “O Arenteiro empeza aquí”, distribuirán uns paneis informativos ó longo da vila.
O concello quere formar parte desta iniciativa, colocando unha placa no concello co lema desta campaña e facelo por numerosos espazos máis. Tamén queren implicar a outros centros educativos, para facer chegar o proxecto a máis xente.
José Manuel Bouzo traballa cos rapaces inculcándolles pequenos paso cara o ecoloxismo, aínda que considera que hoxe en día están moito máis concienciados ca antes.