Veciños de Fonteantiga alertan dun vertedoiro descontrolado

Algúns veciños de Fonteantiga mostraron a súa repulsa ante as actuacións cidadás de deixar vertedoiros incontrolados de lixo de gran volume no monte. Consideran que hai unha falla de civismo con estas accións. Recordan que no Carballiño hai un punto limpo, que ademais cada xoves recolle os electrodomésticos e aparellos de gran volume que non deben ser depositados nos contedores do lixo. Esta recollida faise previa chamada, para informar destes obexctos e, dende o punto limpo, piden que non se deixen os refugallos ata ter a confirmación de que nese día pasarán a recollelos para evitar a contaminación ó mínimo.