Espazo Común Punxín insta ao goberno local a “comezar coa política das solucións e abandoar a dos anuncios”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os anuncios feitos polo tenente de alcalde de Punxín, Eladio Fernández, para a construción dun polígono industrial e un centro multiusos, son, para Espazo Común Punxín, un reflexo de que “xa non hai un proxecto de futuro, hai unha carreira permanente por anunciar a seguinte gran idea antes de explicar qué foi da anterior”.

Esta formación política apunta, neste sentido, que “un polígono industrial non nace porque un político o anuncie. Nace cando hai empresas interesadas, boas comunicacións, servizos, solo adecuado e, sobre todo, unha estratexia económica seria. E iso é precisamente o que bota en falta Punxín”. E engaden que “mentres se suceden as ocorrencias, o lixo segue sen recollerse: isto sí que é real”.

Dende Espazo Común Punxín consideran que “xa é hora de abandonar a política dos grandes anuncios e comezar coa política das solucións, con menos maquetas, menos infografías e menos titulares, e máis proxectos serios, prioridades claras e respecto pola intelixencia dos veciños”.

“Porque Punxín non necesita un tenente de alcalde que cada poucos meses invente unha nova ocorrencia. Necesita un goberno que remate, polo menos, a anterior antes de empezar coa seguinte. Deixe de discorrer”, conclúen dende esta agrupación política.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------