No marco do Ano Santo Franciscano, Ribadavia celebrará dende esta tarde a novena na honra de San Francisco de Asís, na antiga igrexa conventual de San Antonio. As misas terán lugar diariamente ás 20,00 horas, agás o domingo día 27 que será ás 11,00 horas. O sábado 3 de outubro, ao finalizar a eucaristía, se conmemorá o Tránsito de Santo Francisco no seu oitavo centenario.
Xa o domingo 4 de outubro, festividade do Santo Francisco de Asís, haberá misa ás 11,00 horas, e oficiarase unha misa solemne ás 20,00 horas e a continuación terá lugar a procesión polas rúas do barrio de San Francisco da vila ribadaviense.
A igrexa de San Antonio foi designada polo bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, como ‘Templo Xubilar’ o pasado mes de xaneiro, cando o Papa León XIV convocou un Ano Santo Franciscano para conmemorar os 800 anos da morte de San Francisco de Asís.
Dende a Parroquia convídase aos fieis e devotos de Ribadavia e da comarca a que peregrinen e participen na novena para gañar o xubileo.
A Orde Franciscana estivo presente en Ribadavia desde a Idade Media ata o ano 2013, cando as Clarisas Misioneiras abandonaron a localidade.

















