Este domingo inaugúrase unha nova edición do Arenteiro Fotográfico de O’Potiños

Esta fin de semana dará comezo unha nova edición do Arenteiro Fotográfico, organizado pola asociación O’Potiños. Dende hoxe mesmo xa está aberto ó público o local situado na rúa Principal, que alberga varias exposicións desta mostra. En total serán once exposicións colectivas e individuais as que se poderán ver, complementadas con charlas, cursos e coloquios. Mañá sábado, na Casa da Cultura, terá lugar a masterclass impartida por Vari Caramés.

E xa o domingo, tamén na Casa da Cultura, ás 12:00 horas, terá lugar o acto de inauguración. Entregaranse os premios do concurso de temática libre e farase unha homenaxe con entrega de obsequios ó fotografo galego Vari Caramés, homenaxeado deste ano.

AVANTAR ACTIVIDADES