A plataforma cidadá “o Campo da Feira non se pecha” remitirá a colectivos do Carballiño e a partidos políticos un escrito de apoio á plataforma

Despois do apoio amosado individualmente pola cidadanía e polos comerciantes e hostaleiros do Carballiño, que están a colaborar masivamente na recollida de sinaturas e asinando  a petición para que a aula de 3 anos do Campo da Feira NON SE PECHE, a Plataforma dá un paso máis na súa campaña en prol da continuidade deste colexio na vila, solicitando mediante un escrito, o respaldo dos colectivos e as forzas políticas do Carballiño para que se impliquen  e que deixen constancia expresa do seu apoio.

É preciso que en temas coma a educación e a merma de servizos no noso pobo,  esteamos todos a unha e loitemos para conservar o que tivemos ata agora. E defender así,  aportando cada un,  dende a súa posición, o que poida, o obxectivo dun ben colectivo e que nos une: o futuro do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

ESCRITO DE APOIO

A Plataforma Cidadá o Campo da Feira NON SE PECHA, naceu ante a preocupación xurdida a raíz da nova do peche de aula de 3 anos do colexio público Calvo Sotelo no edificio do Campo da Feira.

Esta é, a todas luces, unha circunstancia nefasta para o noso pobo en todos os aspectos.

Primeiramente no académico, xa que de todas as escolas de primaria, esta é a mellor adaptada para os máis cativos. É un edificio feito específicamente para os nenos de infantil, que lles permite aprender tendo todo á súa medida; estando en contacto coa natureza, xa que ten un patio envexable e unha contorna tranquila e axeitada; atopándose no centro do pobo e abranguendo unha das zonas  xeográficas de maior crecemento poboacional nos últimos anos.

Segundo, porque o peche da aula de tres anos para o curso 22/23 levará consigo unha baixa exponencial do número de nenos de dito colexio, no só pola falta de nenos de 3 anos, se non porque por familiaridade producirá unha rebaixa tamén  na aula de 4 anos, polo que ademáis de ser un perxuizo para os alumnos que si queden no curso 22/23, levará irremediablemente ó peche total do centro no curso 23/24.

O que acarreará tamén consigo unha devaluación do entorno e por tanto unha perda económica para todos os negocios e propietarios do arredor.

Somos conscientes de que todo esto está relacionado cun grave problema demográfico que consideramos reversible, promovendo medidas de promoción e  captación de familias con programas de conciliación axeitados para un aumento de matrículas nos próximos cursos. Programas estes que está demostrado que funcionan, observando as medidas dos concellos da contorna postas en marcha hai anos polo mesmo motivo e co mesmo fin. Tamén se pode mellorar ostensiblemente a situación apostando por políticas de fomento da natalidade.

Este problema presente e futuro exposto,  precisa da unidade de toda a veciñanza, movementos sociais, empresariais e políticos para acadar o obxectivo desta Plataforma e manter un  Carbaliño con opcións para o futuro.

Por todo o antedito solicitamos que o colectivo……………………………………………………………………….. …………………………………………………………………………. ao que vostede representa apoie as inicitativas da nosa Plataforma e participe con nós desta loita que é a de todo un pobo.