Ribeiro en Común alerta do perigo do derrubo da vivenda municipal da rúa dos Fornos

Hoxe de madrugada derrubouse a cuberta desta Vivenda propiedade do Concello situada no Conxunto Monumental de Ribadavia. A maioría caeu dentro do inmoble, pero dende a formación alertan do perigo de derrubo  dende fai tempo. Ribeiro en Común visitou este inmoble tras un aviso veciñal. Despois de dar aviso inmediato á Policía Local para que levante acta e tome medidas de seguridade, rexistraron no Concello a petición dun informe sobre a seguridade das vivendas propiedade do Concello no casco histórico que se atopan en situación de abandono.  

Ribeiro en Común xa trasladou esta petición á Conselleira de Vivenda na súa última visita a Ribadavia por medio da nosa concelleira Paula Rodríguez.