O vindeiro domingo 27 de setembro, ás 12.30 horas, o Templo da Veracruz do Carballiño acollerá unha eucaristía solemne na que se bendicirá e entronizará unha imaxe de San Francisco de Asís abrazando a Cristo na Cruz, doada por unha persoa da contorna vinculada aos antigos alumnos franciscanos do Convento de Herbón e á asociación ASAFA.
A celebración estará presidida por Mons. Xosé Rodríguez Carballo, arcebispo franciscano de Mérida-Badaxoz e unha das figuras galegas máis destacadas da Igrexa universal. A nova talla representa o abrazo de San Francisco a Cristo crucificado, un dos episodios máis recoñecidos da iconografía franciscana, que simboliza a identificación do santo con Xesús e os valores de fraternidade, pobreza, servizo, esperanza e reconciliación.
A iniciativa coincide co 800 aniversario da morte de San Francisco de Asís (1226-2026) e co Ano Xubilar franciscano, polo que supón unha achega ao patrimonio relixioso, artístico e espiritual do templo e ofrece aos fieis e visitantes un novo espazo para a oración e a contemplación.
Entrevista realizada en Copecarballiño ao parroco D Jorge Juan Pérez :


















