Espazo Común propón unha axuda de 100 euros por neno para a volta ás aulas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Pachi Vázquez ven de rexistrar a nome de Espazo Común unha moción para o seu debate no vindeiro pleno do Concello do Carballiño para que se estableza unha liña de axudas para tódalas familias do pobo con nenos en idade escolar.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na mesma, solicítase que como están a facer outros concellos, por exemplo no caso de Vigo, se apoie a tódolos fogares nun momento económico tan difícil como é o mes de setembro, cunha axuda de 100 euros por neno para material escolar.

A proposta procura frear a sangría demográfica da falla de nacementos, unida á fuga de alumnos a colexios da contorna que ofrecen moitas máis facilidades tanto económicas coma de conciliación e transporte, segundo afirman dende a formación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------