O Cine Club proxecta o filme “Close” este venres e domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana temos dous días proxeccións da man do Cine Club, o venres 31 de marzo e o 2 de abril, domingo. Neste caso a película elixida é unha das mellores do 2022, a xulgar polas críticas e premios recibidos en diferentes festivais internacionais. Close, dirixida por Lukas Dhont, foi finalista na categoría de Mellor película internacional nos Oscar e nos Globo de Ouro, gañou o Gran Premio no Festival de Cannes, o Premio do Xurado no Festival de Sevilla5 nominacións nos Premios do cine Europeo, entre elas a de Mellor película…Considerada pola crítica como unha obra mestra, este filme delicado e sutil fala da amizade, da soidade, o amor e a crueldade a través dos ollos dos nenos protagonistas, que fan un impresionante traballo interpretativo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os tres pases da película (venres 31 ás 20:00 e ás 22:30 horas, e domingo 2 de abril ás 19:00 horas) serán en versión orixinal subtitulada en castelán, no auditorio Manuel María do Carballiño