O voluntariado Somos Referentes e a Rede Natura 2000 aúnan forzas para realizar
labores de coidado do medio na Veiga de Vilar de Gomareite.
O martes botamos andar unha das nosas accións en colaboración coas actividades
organizadas pola REDE NATURA 2000 no concello de Vilar de Barrio. A actividade que
comezou arredor das cinco da tarde consistiu nunha pequena andaina dende Bóveda até o alto da Chaira para apreciar a extensión da Lagoa de Antela. Neste caso, Toni Vázquez e Raúl Fernández organizadores das diferentes actividades dentro do proxecto Rede Natura desenvolveron as explicacións que nos deron as chaves para comprender a magnitude da lagoa. A posteriori, realizamos a observación e identificación das diferentes aves que habitan na comarca da Limia como poden ser: o millafre real, a pega ou o sonido da avelaiona.
A segunda parte da actividade, as persoas voluntarias coas indicacións de Raúl e
Toni procederon a desenvolver unha acción de coidado medioambiental. Neste caso,
achégaronse a Veiga de Gomareite para limpar a zona de residuos que durante anos se
foron acumulados. A veiga de vilar de Gomareite é un dos emblemas de recuperación de
parte do ecosistema que se tiña na lagoa de antela. Este traballo que comezou en 2014 da man da Sociedade Galega de Historia Natural segue hoxe sumando cada vez máis
participación.
O voluntariado “Somos Referentes” seguirá a súa andaina con actividades como
faladoiros, rutas e recollidas de lixo
Un día máis na preservación do noso medio
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------