Víctor Senra e David Vázquez, aos mandos do Citroën C3 WRC, foron os vencedores incontestables do Rallye A Coruña, primeira cita puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes.
Senra e Vázquez, a pesar dun problema no primeiro bucle da mañá, os coruñeses dominaron nos escorregadizos treitos da cita coruñesa, con 7 mellores cronos de 8 disputados.

O defensor do título galego sumou o seu cuarto triunfo na cita herculina, esta vez aos mandos dun vehículo da categoría WRC, algo que non sucedía nesta proba dende a tempada 2001, cando era puntuable para o Campionato de España.
O segundo lugar do podio foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, os únicos que foron capaces de seguir, a distancia, o ritmo dos gañadores, levándose ademáis o triunfo no Supercampionato Recalvi R5 e a Pirelli Driver Autia Top Ten A.
Completaron o podio Alberto Meira e Avelino Martínez, aos mandos do Skoda Fabia R5, nunha fermosa loita durante toda a xornada con Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, cun Ford Fiesta Rally2, e con Francisco Dorado e Andrea Lamas, co Volkswagen Polo R5.
O quinto lugar da clasificación xeral foi para Roberto Blach Jr. e Mauro Barreiro, este último vencedor da Gara N5 nun rally que serviu como test para o próximo Rally de Croacia do Mundial.
Os becados da Federación Galega de Automobilismo Alexis Vieitez e Cristian Álvarez e Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, realizaron unha excelente proba, que rematou co terceiro posto de Vieitez e Álvarez (8º lugar da xeral) na Gara N5 e o sexto para Maceiras e Iglesias (12º posto).
Na Pirelli Driver Autia Top Ten B, primeiro posto da clasificación para Blach Barreiro, namentres que na variante Pirelli Driver Autia Top Ten C os gañadores foi Manuel Souto e María Porta.
Álvaro Pérez e Mónica Álvarez, foi o primeiro clasificado na Pirelli AMF, con Daniel Anido e Adrián Núñez como gañadores do Volante FGA. O mellor clasificado da Promoción Xoven Piloto foi Álvaro Castro e Isidro Rey.
A segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes terá lugar en Noia os días 14 e 15 de abril.
Declaracións principais protagonistas:
Víctor Senra (1º Clasificado): “Experiencia positiva desde o primeiro metro. Encontreime moi cómodo aínda que o rally estaba moi complicado. Un fin de semana increíble na miña casa rodeado da miña xente. Quero darlle as gracias a Álvaro Muñiz por facer este rally espectacular. Oxalá siga así moitos anos e siga organizando esta proba”.
Alberto Meira (2º Clasificado, 1º Pirelli Top Ten A): “O noso obxectivo estaba claro, un WRC non ten nada que ver co noso coche. Salvo que lle pasase algo a Víctor sabíamos que non poderíamos facerrle pé. O noso obxectivo é gañar o supercampionato, sumar o maior número de puntos posible e estamos moi contentos”.
Iago Caamaño (3º Clasificado): “Pola mañá foi complicado, fixemos dous trompos e estivemos 35 segundos parados. Sabíamos que podíamos loitar polo podio e conseguimolo a pesar de errar na monta de neumáticos na terceira sección”.
Roberto Blach (1º Gara N5, 1º Pirelli Top Ten B): “Foi un rallye bastante complicado. Pola mañá puidemos loitar contra os Rally2, pero pola tarde secouse a estrada e xa foi imposible. Ademáis tiñamos unha boa renta con respecto aos nosos rivais. Estamos satisfeitos cos quilómetros percorridos de cara ao próximo Rallye de Croacia”.
Manuel Souto (1º Pirelli Top Ten C): “Para nós foi expecialmente difícil. O rally estaba delicado, o coche é novo, moitas cousas. O coche vai moi ben e ollando como estaba a mañá era impensable para nós vernos no primero lugar do podio. Non sei se iremos a Noia por unha cuestión de tempo e presuposto, aínda que despois da victoria en A Coruña, hai que pensalo”.