As Xornadas pola Ciencia do Carballiño arrancaron onte pola tarde coa intervención da química, investigadora e docente Marga Vázquez González e a charla que levaba por título “Camiño hacia unha carreira investigadora. Descubrindo o potencial das nanomaterias”. Aproveitamos para falar con ela.
Marga falounos hoxe da importancia destas xornadas para involucrar á sociedade neste eido, e tamén do satisfeita que se sinte de poder participar nelas.
O Concello e os representantes dos centros educativos uniron esforzos para organizar esta iniciativa, que se desenvolverá durante toda esta semana e rematará o venres cando os estudantes leven os seus experimentos á Praza Maior. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, falounos da importancia do que se está a desenvolver e da programación que queda por diante.