Nova directiva do Sporting Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comunicado da Directiva do Sporting Carballiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Como ben sabedes, no pasado mes de xuño, disolveuse a directiva do Sporting Carballiño a esperas da formación dun novo equipo xestor que asuma o seu cargo nesta nova tempada 2023/2024.
Cremos que era o momento axeitado para efectuar un cambio na estructura do clube. Se miramos atrás o camiño percorrido nestes 11 últimos anos de historia da entidade, trala súa refundación en 2012, foi todo un éxito.
Sendo fieis a nosa filosofía de apostar por xente do pobo e arredores, e cos recursos limitados dos que dispoñemos, creemos que o traballo realizado foi salientable; acadando dous ascensos, un campionato de liga, un título de Copa Deputación e sendo finalistas da mesma este último ano. Porén, cremos que o alcance da actual xunta directiva toca o seu teito, estimando convinte dar un paso ó lado, a fin de renovar a imaxe do clube e aportar novas ideas e obxectivos.
Ante esta nova, queremos dalas grazas a todos aqueles que nos acompañastes nesta etapa. Socios, patrocinadores, xogadores e ex-xogadores, colaboradores, exdirectivos e, por suposto vós, a afeción. En especial, queremos agradecer a labor realizada polo ata entonces presidente do Sporting Carballiño, Jorge González Quesada “Jordi”. Co seu esforzo e dedicación, esta entidade volveu a gañar un pequeno e humilde lugar na provincia de Ourense.
Así pois, queremos presentarvos á nova xunta directiva do Sporting Carballiño que se fará cargo da xestión do clube a partires deste momento. Con novos membros, un aspecto renovado, moita ilusión e ganas de facer medrar esta entidade. Non sabemos qué nos depara este novo camiño. O que sí sabemos é que, canto menos, será diferente.
Atentamente:
A Directiva.
Forza Sporting.
Aitor Dacasa: presidente
Carlos Portabales: vicepresidente
Roger Otero: Secretario
Chus Otero: Portavoz e directora de marketing
Fran e Maxi: relacions institucionais
Felipe Córdoba, Ivan Córdoba, Marcos González, Jacobo:Equipo de relacións publicas
Martin Pérez, Iván González, Mindo González: Dirección deportiva
#forzasportingcarballiño #eusonsporting