Un Plan de Emerxencias velará pola seguridade na Festa do Pulpo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

E para que esta festa multitudinaria se desenvolva con normalidade e sen incidencias, traballarán todos os servizos de seguridade e asistencia coordinados dentro dun Plan de Emerxencias. Nel contarase con máis de 80 efectivos, entre Policía, Emerxencias e Protección Civil, Garda Civil, Policía Autonómica e un camión da Axega, ademais de cámaras de vixilancia. Para garantir a seguridade nas estradas, será a Garda Civil de Tráfico quen realice controis, tanto de circulación como de alcoholemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para a Policía Local do Carballiño os puntos máis delicados serán a madrugada entre o sábado e o domingo e tamén a xornada dominical, ambas con moita afluencia de persoas. O xefe da Policía considera que está todo preparado con efectivos suficientes. Un dos puntos que lle preocupa é o estado dalgunhas árbores no parque municipal, polo que solicitou unha revisión das que están en peor estado para garantir que ningún desprendemento ocasione danos.