A pandemia obriga á suspensión das Xornadas de Folclore 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co vicepresidente da institución, encargado de asuntos culturais e da comarca do Ribeiro, César Fernández, para determinar a suspensión, por mor da pandemia do COVID-19, das Xornadas de Folclore, o evento cultural máis importante da provincia e que congrega anualmente a milleiros de espectadores. A situación de incerteza que se vive actualmente no que atinxe a contaxios, loxística de viaxes nacionais e internacionais, e a falta de seguridade para a saúde que suporía a reunión masiva de espectadores en actos públicos, fai que a Deputación acorde por segundo ano consecutivo suspender as Xornadas de Folclore, que tiñan previsto celebrarse en datas deste verán. Así o acordaron o presidente Baltar e o vicepresidente César Fernández. 

Publicidade