As Xornadas de Folclore consolídanse como o gran evento cultural da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A XXXVIII edición das Xornadas de Folclore chegaron ao seu fin cun balance máis que positivo por parte da organización, dos membros dos grupos participantes e do público asistente, que superou nesta edición as 20.000 persoas (sen contabilizar os desfiles de Xinzo e a cidade de Ourense). 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De feito, no tocante á participación, desde a organización das Xornadas, Francisco Xavier Álvarez Campos salienta o máis que notable incremento con respecto á edición anterior, así como a valoración positiva que fixeron as 16 vilas da provincia en materia de dinamización comarcal, cumprindo así un dos obxectivos da Deputación de Ourense. Deste xeito, todos os municipios que albergaron espectáculos destas Xornadas consolidaron a súa colaboración e apoio a este evento cultural, o máis importante do verán na provincia. 

Salientable foi tamén o interese previo rexistrado en diferentes oficinas municipais e comarcais de turismo, con peticións de información días e semanas antes e con moitas delas procedentes de cidadáns de Portugal, consolidándose así como un público con interese nesta iniciativa de carácter internacional. Ademais, o público que asiste ás Xornadas mantén un nivel de esixencia notable, froito da continuidade e da calidade contrastada durante varias décadas. 

Os grupos participantes quixeron agradecer a hospitalidade e agarimo da poboación ourensá, tendo en conta que as Xornadas de Folclore estiveron marcadas polo falecemento, por causas naturais, do director do grupo Amezabra de Sudáfrica, George Olifant, mentres se encontraba no seu aloxamento no Centro Residencial Docente de Ourense e despois de ter participado na cerimonia inaugural das Xornadas. Precisamente, a excelencia das instalacións, atención e servizos do CDR Ourense foi algo que quixeron destacar os integrantes de todos os grupos. 

Logo do éxito acadado nas Xornadas de Folclore deste ano, a organización das mesmas xa está a planificar as vindeiras, que suporán a XXXIX edición do evento cultural por excelencia da provincia de Ourense.