O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso volve traer unha estrea dos últimos días. Trátase da nova entrega de “Top Gun”, protagonizada polo famoso Tom Cruise.
Despois de máis de 30 anos de servizo como un dos mellores aviadores da Mariña, Pete “Maverick” atópase onde sempre quixo estar, superando os límites como un intrépido piloto de probas.
Poderase ver o venres, sábado, domingo e luns e xoves próximos, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas, e ademais na fin de semana cunha terceira sesión ás 16:00 horas.