Triunfos para Manuel Osorio e Alberto dos Reis (clase a) e Javier Ramilo (clase b) no rallymix de Portas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Osorio e Alberto dos Reis, aos mandos do seu habitual Skoda Fabia R5, foron o equipo máis rápido na terceira edición do Rallymix de Portas, cuarta proba puntuable para o Campionato Galego da modalidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Osorio e dos Reis acadaron o primeiro posto da clasificación xeral combinada das categorías A e B nunha competición de dúas xornadas na que o treito puxo a proba ás mecánicas dos participantes e na que se situaron xusto a continuación Javier Ramilo e Daniel Remuiñán, no segundo e terceiro posto, respectivamente.

Desta forma, o equipo do Skoda completou as cinco mangas cun tempo total de 44:46.126, facéndose así co triunfo na clase B, reservada a carrozados. Acompañárono no podio desta categoría, Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda co Peugeot 208 T16 R5 e os irmáns Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5.

Na clase A, primeiro posto para Javier Ramilo cun tempo final de 44:52.661. O do Yacarcross foi quen de situarse na primeira praza da xeral logo da primeira manga do domingo, pero cedeu o lugar máis alto desta clasificación xeral combinada ante o ataque do equipo do Fabia R5. Os restantes postos do podio desta clase foron para Daniel Remuiñán e para Antonio Viloria, que retivo finalmente o terceiro posto ante un Alfonso “Pisko” Ventín que protagonizou unha excelente remontada.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Rallymix será os días 23 e 24 de setembro en Cuntis.