A tempada de vendima está a piques de rematar no Carballiño e no Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A tempada de vendima no Carballiño e no Ribeiro adiantábase este ano a finais do mes de agosto e a recolección está a piques de rematar cas últimas uvas tardías. É o caso do recoñecido e tantas veces premiado Eduardo Bravo, quen ultima a recollida dos últimos acios de treixadura en Gomariz, antes de comezar ca uva tinta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O mildiu foi un dos problemas que máis afectou ao sector este ano. Aínda así, asegura que están satisfeitos coa colleita, cumprindo coas previsións e destacando un incremento en canto a cantidade de uva con respecto ao pasado ano.

En definitiva, a pesar das condicións climatolóxicas con choivas e treboadas este verán, e que tamén ralentizaron a vendima, están satisfeitos coa campaña.