O Circuito de O Castro, en Taragoña, acolle este sábado 14 de outubro a quinta proba puntuable para o Campionato de Galicia de Autocross, na que estarán presentes máis de 40 equipos.
O trazado coruñés, que xa foi apertura do certame nesta tempada, repite no calendario autonómico cos principais favoritos ao triunfo na lista de inscritos.
Javier Ramilo, Antón Muiños, Alberto Lorenzo ou Sergio Suárez, parten con opcións de triunfo na categoría de Carcross (clase III), nunha cita que contará con 18 equipos, ademáis de un na modalidade júnior.
Entre os participantes de +1,600 centimetros cúbicos, a clase II, Antonio López Lence defende o liderato da categoría por só un punto frente a Daniel Castro e oito ante Christian Gómez, que competirán nunha xornada de carreiras con 13 equipos inscritos.
Por último, entre os equipos inscritos con vehículos de -1,600 centímetros cúbicos, a clase I, Rubén Uzal defenderá o seu primeiro posto provisional ante rivais do nivel de Martín Castro, José Antonio Cambón ou Isaac Calvo, entre outros.
A proba dará comezo as 10:30 horas coa primeira das mangas de adestramentos libres. As 12:00 horas terán lugar os adestramentos oficiais.
Pola tarde, dende as 14:45 horas, turno para a primeira e a segunda manga clasificatoria, mentres que as finais comezarán as 18:00 horas.