O Campionato de Galicia de Rallymix chega esta fin de semana (28 e 29 de outubro) a súa última data puntuable, o Rallymix de Barbadás, en Ourense.
Con 65 equipos na lista de inscritos, o certame mixto autonómico contará cos principais favoritos á victoria nas dúas clases, A e B.
Na A, máxima emoción na loita polo título, na que Javier Ramilo “Kobas” e Alfonso “Pisko” Ventín terán un novo enfrentamento de ti a ti. Os dous, aos mandos dos Yacarcross procurarán o triunfo nunha carreira na que a climatoloxía será importante. Nesta ocasión haberá 31 vehículos nesta clase.
Entre os carrozados, os participantes na clase B, Manuel Osorio e Alberto dos Reis, principais favoritos, mudan de vehículo ao competir cun Peugeot 208 R5, mesma montura que Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda. Destaca o retorno á competición dos hermanos Iglesias, Cestino e Jorge, no seu habitual Ford Fiesta N5.
Tamén estarán presentes os participantes da Copa Pirelli K6, na que Esteban Cotón e Aarón Alonso parten como candidatos ao triunfo co permiso de José Luis Fernández e Roberto Durán ou Miguel Ángel Caeiro e Alejandro Hermida, entre outros.
A proba dará comezo o sábado 28 de outubro ás 12:00 horas do mediodía coa celebración da primeira manga oficial. As dúas seguintes da xornada están marcadas para as 14:00 e as 16:00 horas.
Para o domingo o inicio da actividad está fixado para as 09:30 horas (4ª manga). A quinta e derradeira pasada ao trazado será a partires das 11:30 horas.
A entrega de premios será na Casa do Concello de Barbadás ás 14:00 horas