A Mesa de Calidade de “Ourense Termal” renova 25 servizos turísticos e propón tres máis para a súa certificación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Mesa de Calidade Turística do Destino “Ourense Termal” reuniuse no Pazo Provincial para propoñer a renovación dos 25 servizos turísticos que foron certificados o ano pasado, logo de que todos eles realizaran a formación requirida, así como as actuacións previstas no seu correspondente plan de mellora.  

Xunto a estas entidades e empresas, que forman parte ademais dun “Grupo de Traballo sobre sustentabilidade e economía circular” no destino, a Mesa de Calidade propuxo tres novos servizos turísticos para ser avaliados polo seu “Compromiso de Calidade Turística” nos municipios do Carballiño, Ribadavia e Lobios. Trala revisión por parte deste órgano, todos eles trasladaranse ao Comité de Distinción Nacional que terá lugar no mes de decembro.  

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta acción forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa a Deputación de Ourense, a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. A partir do mes de xaneiro, poderán iniciar a formación os novos servizos turísticos para optar a ser distinguidos o vindeiro ano.  

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino é un proxecto de mellora continua da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con servizos turísticos de ata 37 oficios diferentes, co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.  

A Deputación de Ourense executa este Plan a través dun ente xestor, neste caso o Inorde, e o seu presidente, Rosendo Fernández preside a Mesa de Calidade. Forman parte deste órgano: a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia, a CEO, a Universidade de Vigo, a Confederación provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo; os xeodestinos Ribeiro-Carballiño, Celanova-Xurés e Verín-Monterrei; as asociacións de Guías Turísticas e Axencias de Viaxes de Galicia; e incorporouse por primeira vez o Clúster de Turismo de Galicia.  

A provincia de Ourense avanza así en materia de desenvolvemento turístico, que recentemente recibiu un impulso coa creación dos destinos SICTED dos xeodestinos “Terras de Celanova-Serra do Xurés” e “Trevinca-Valdeorras”, xestionados polo Inorde.  

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------