Mañá cúmprese unha data especial para o Cine Club, xa que é a sesión número 400 en venres, dende que retomaron a actividade alá polo ano 2010, xusto en novembro. Nestes anos van máis de 500 películas proxectadas e case 1000 sesións de cine.
Para celebralo decidiron facer un ciclo de venres, sábado e domingo. Comezan mañá venres con “Creature”, a última película de Elena Martín, que escribe, dirixe e protagoniza un peculiar achegamento ao desexo femenino nunha das grandes revelacións desta tempada no cine español.
Continuarán o sábado cun filme excepcional, dunha grande beleza, “El leopardo de las nieves”, dirixido por Marie Amiguet, premio Cesar ao Mellor documental.
E pecharán o ciclo o domingo coa película xaponesa, seleccionada polo seu país para competir nos Óscar, “Plan 75”, reflexión sobre o envellecemento, o aomor e a condición humana.
Todos os pases e filmes serán como sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.