O Black Friday do Carballiño CCA traerá descontos e ofertas en 35 establecementos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Carballiño CCA ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday o día 24  de novembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A xerente de Carballiño CCA, Noelia Mares informou de que haberá grandes promocións, descontos do 10 ata 50 %, zonas outlet, 2×1 en produtos e servizos, descontos directos e máis sorpresas. Tamén haberá animación de rúa e decoración.

Como premio á fidelidade no comercio local, os clientes poderán participar nun sorteo de 200€ en vales compra, repartidos en oito vales de 25€ cada un, enviando unha copia do seu ticket de compra dese día nalgún establecemento participante ao correo carballinocca@gmail.com, xunto co seu nome e número de teléfono. O sorteo realizarase en directo o día 27 ás 12:00h desde as redes sociais da asociación.