Esta madrugada O Carballiño pasa a nivel máximo de restricións. A Policía Local ultima o operativo de control

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A partir das 00:00 horas do venres, é dicir, na madrugada de hoxe, entrarán en vigor as novas medidas restritivas anunciadas onte polo presidente da Xunta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A nivel autonómico, todos os concellos galegos quedan con medidas de nivel medio-alto. As reunións privadas e públicas quedan limitadas a un máximo de 4 persoas. A hostalería deberá pechar ás 18h. O toque de queda adiantase ás 22:00 horas e o peche do comercio en xeral debe adiantarse ás 21:30 horas. En xeral, permítese un 30% de aforo interior e un 50% de aforo exterior para a hostalaría. As sete cidades quedan pechadas perimetralmente de xeito.

Do mesmo xeito pasará no Carballiño, un dos 60 concellos galegos e dos sete ourensáns que quedarán en nivel máximo de restricións. Ademais do peche, este nivel supón a prohibición de consumir dentro dos locais de hostalaría, que deberán pechar ás 18:00 horas. Todos estes concellos coinciden en superar a incidencia acumulada de 250 contaxios por 100.000 habitantes, ou estar en camiño de cumplir esa previsión.

CONTROL POLICIAL NO CARBALLIÑO

O Carballiño enfronta de novo, tras tres meses, un peche perimetral e novas medidas que limitarán a vida diaria dos veciños. A Policía Local porá en marcha a partir de mañá un operativo de control para garantir o cumprimento destas medidas, xa coñecidas e sufridas por todos. O corpo policial atópase neste caso baixo mínimos no que atañe ó persoal dispoñible. O xefe da policía destaca que neste momento conta con oficiais de baixa e con seis auxiliares menos, un detalle que fará que estes operativos non sexan tan fortes coma na pasada vez.

Para paliar estas carencias, pedirán o apoio doutras autoridades, coma a Garda Civil e a Policía Autonómica. Un dos puntos no que incidirán estes controis é na poboación que veña dos concellos limítrofes, xa que neste caso o único que está perimetrado é o Carballiño.