O Burgos vence ao Arenteiro (1-3) nun disputado partido da copa do rei

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Club Deportivo Arenteiro finalizou o seu percorrido na Copa do Rei ante o Burgos C.F. (1-3) nunha cita histórica que se desenvolveu na xélida tarde de onte no campo de Espiñedo ante 1.500 afecionados, entre eles máis de 200 chegados da cidade castelá. Os verdes non lograron superar esta segunda rolda da eliminatoria copeira, tras eliminar na primeira ao Avilés no seu propio campo (0-1) o pasado 1 de Novembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os burgaleses abriron o marcador no minuto 7, tras unha xogada pola banda esquerda na que a pelota chegoulle a Álex Bermejo que a enviou ao fondo da rede cun disparo seco e a media altura que sorprendeu ao meta local, para facer o 0-1. Aínda non pasaran 10’ cando un erro do central Elguezabal, foi  aproveitado por Iván Ramos para recuperar a pelota e prantarse ante o meta Badiashile, que detivo o primeiro lanzamento pero non o segundo do dianteiro verde (1-1).  No minuto 44, Bermejo tras percorrer 40 metros, superou a Pablo Brea cunha vaselina (1-2). O Burgos sentenciou o encontro no 53, tras unha entrada pola dereita de López Pinto, que lanza un disparo que corta Pol Bueso, pero que recupera Appin para marcar o 1-3. No 93 marcó Germán Novoa, pero o tanto foi anulado polo árbitro.

O adestrador do Arenteiro, Javi Rey, asumíu a superioridade do xogo do Burgos e a competitividade dos xogadores locais:

Pola súa banda, Bolo, director técnico do Burgos, destacou o bó rendemento do seu equipo:

Na outra competición provincial, o Sporting Carballiño recibiu onte no campo da Uceira un severo correctivo do Atlético Arnoia (2-5) dentro do programa de competicións da ‘XLIII Copa Deputación’.

Escoitamos a valoración do capitán do Sporting, Iván González ‘Champi’: