Espazo Común reclamará en pleno un Plan de Humanización das rúas do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común levará a pleno este vindeiro xoves a petición dun Plan de humanización de rúas para os vindeiros anos no Carballiño. O texto da moción é o seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Millóns gastados en asfalto sen ton nin son. Así se poderían resumir os últimos oito anos no apartado de mellora e embelecemento de rúas no Carballiño.

Cubas de chapapote a capricho, arranxo de rúas da mesma zona deixando algunhas no medio nun estado de abandono deplorable, barrios enteiros esquecidos con aspecto de ter sido bombardeados, beirarrúas de tres ou catro tipos distintos na mesma rúa, mobiliario colocado sen sentido algún ou enormemento deteriorado…

Coma en moitas outras cousas, por non dicir todas, o goberno municipal adoece dunha planificación, dunha guía prestablecida que marque prioridades, necesidades urxentes e que, en definitiva, avance cara a un deseño de pequena cidade agradable para vivir no canto de esforzarse por converternos nunha aldea con semáforos.

Hai rúas cunha alta densidade de poboación como pode ser a Testeiro ou barrios cheos de vivendas como a Parcelación Maneiro nos que a indignación veciñal chega a cotas tan elevadas coma comprensibles.

Baste con dicir que hai taxistas que se negan a entrar cos seus vehículos nalgunha desas zonas para non desfacelos nas fochancas.

Para chegar a algures, sempre é mellor saber cara a onde se camiña e como se quere chegar alí. Por iso xa é hora de que se estableza un Plan de Humanización das rúas do Carballiño. Un proxecto de pobo con futuro, ambicioso e sensato.

Hai que determinar que rúas novas se van abrir, cales se van peatonalizar, onde hai que asfaltar por orden de urxencia, onde hai que mudar o mobiliario urbán…

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se elabore un Plan de Humanización das rúas do Carballiño para executar nos vindeiros anos”.