O Carballiño baixa tres casos activos para contar hoxe con sete persoas contaxiadas

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 15 contaxios. O Concello do Carballiño baixa tres casos con respecto a onte, ata os 7 contaxiados.

O Irixo mantén tres persoas contaxiadas igual ca San Cristovo de Cea, que mantén tres positivos. O concello de Beariz sobe un caso para contar hoxe con dous positivos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios. Ribadavia mantén 2 contaxiados. Cortegada sobe hoxe un caso, para contar con dous positivos. Leiro, que tiña un caso activo, que hoxe libre de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, salvo Cenlle, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.