Espazo Común alega contra a suba da auga e do lixo proposta polo concello para o 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común do Carballiño presentou alegacións ás ordenanzas fiscais do 2024, un tema que sairá a debate no pleno de mañá xoves. A posición desta formación a este respecto é a seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Un ano máis, o grupo de goberno dirixido por Francisco Fumega amosa a súa desidia e desgaña á hora de tratar o expediente de ordenanzas fiscais para o ano seguinte.

O que debera ser un reflexo das previsións e dos impulsos a novos servizos, convirtese en cada exercizo nunha mostra máis da parálise e vagancia que castiga ao noso pobo.

De novo temos que entrar no mesmo debate xa mantido dúcias de veces sobre a proposta inxustificada da suba dos recibos da auga e do lixo aos veciños para o ano 2024.

No caso da auga, un 2.6 %, en base á suba do IPC, indicado iste que está máis ca acreditado polos informes técnicos de intervención e tesourería que non é legal en absoluto.

No referente ao lixo, aínda que é un importe baixo, fano baseándose unha vez máis nun estudo feito pola Deputación, que abrangue a tódolos concellos da provincia que lle teñen delegado o servizo e que perxudica claramente a O Carballiño ao ter en conta só o criterio poboacional. Temos a absoluta seguridade de que se o Concello fixera o estudo propio que levamos anos pedindo o custo do servizo que presta o ente provincial reduciríase notablemente.

Espazo Común voltará a defender no pleno do vindeiro xoves día 14 que non se aproben estas subas que non son legais nin necesarias en ninguún dos casos e que só se xustifican polo afán recaudador dun Fumega que precisa voltar a encher a caixa que él mesmo baleirou sen sentido ningún”.