A Deputación de Ourense ratifica a colaboración co labor de escavación no campamento romano Aquis Querquennis

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co profesor Antonio Rodríguez Colmenero, responsable das escavacións realizadas durante os últimos 50 anos no campamento romano Aquis Querquennis.  

O presidente ratificou a colaboración da Deputación para “para dar continuidade a aos traballos realizados á beira do encoro das Conchas” e agradeceu o “arduo traballo que realiza o profesor Colmenero para recuperar este complexo militar romano, unha das xoias da nosa provincia”. Desde a Deputación de Ourense, engadiu, tamén colaborarase na conmemoración dos 50 anos do inicio das escavacións”. Así mesmo, na xuntanza acordouse levar a cabo un estudo sobre o Mosteiro de San Pedro de Rocas para afondar na historia deste monumento arquitectónico-artístico. 

Pola súa parte, Colmenero agradeceu a implicación e compromiso da Deputación de Ourense para poder manter viva a historia da provincia a través do complexo romano que, ademais, “é un gran atractivo para atraer visitantes ao territorio”, dixo. 

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------