A provincia de Ourense será sede dunha saída e chegada de etapa na edición 2024 de La Vuelta Ciclista a España, unha das probas deportivas máis importantes do mundo dentro desta disciplina. “Ourense voltará a ser protagonista dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo, cun escaparate para a provincia inmellorable”, recalcou Menor. Así quedou rubricado no protocolo que asinaron o presidente provincial, Luis Menor, e o director de La Vuelta Ciclista a España, Francisco Javier Guillén.